A Casa da Cultura de Chantada amosa a obra de talla en madeira do ourensán Domingo Ribao Docampo

A exposición «Máis alá do raizame», de Domingo Ribao Docampo, está aberta na Casa da Cultura de Chantada de luns a venres de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. Ademais, pode verse os sábados pola mañá, de 11 a 14 horas. EC

Ata o 28 de decembro pode verse no espazo cultural da Praza do Cantón a exposición «Máis alá do raizame», do artesán da madeira Domingo Ribao Docampo.

ESCULTURAS A PARTIR DE TRONCOS E RAÍCES RECOLLIDOS EN ENCOROS E NOS LEITOS DOS RÍOS
A obra deste artesán, nado na localidade ourensá de Cambeo, está inspirada no entorno. Partindo de materiais da natureza, Domingo Ribao aplica o saber acumulado durante máis de 20 anos traballando a madeira, técnica aprendida na súa xuventude, cando empezou a traballar no taller de ebanistería do seu pai.
Domingo Ribao descubriu as posibilidades que ofrecen os troncos e as raíces para a escultura, ao visitar unha das feira de artesanía de O Carballiño, a finais de 1997. As pezas amosadas en Chantada están elaboradas a partir deste tipo de materiais, logrando creacións de gran sensibilidade e impacto.

VERSIÓN DUNHA PEZA DE LEONARDO DA VINCI
Na traxectoria artística de Domingo Ribao destaca a recreación da «Última Cea» de Leonardo da Vinci. Feita nunha placa compacta de castaño de 108 x 64 x 7 centímetros, a peza implicou un total de 600 horas de traballo entre os anos 2014 e 2015. No remate da obra, Domingo Ribao empregou 40 tons diferentes de colorantes para madeira, cunha cobertura final de cera mesturada con betún de Xudea diluído. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O eido agroalimentario, unha proposta de pulo para o turismo lucense

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo colabora coa Real Academia Galega de Belas Artes cun convenio de 9.000 euros

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: