Completadas as melloras na escola infantil municipal de Monforte

O Concello ampliou o equipamento dixital para as actividades dos cativos na escola infantil municipal. GPCM

A comezos deste mes, o Concello de Monforte completou unha serie de melloras no equipamento da escola infantil municipal.
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, o Concello dotou á escola dunha nova Smart TV de 55 pulgadas e dúas tablets, para ampliar o equipamento dixital. O rexedor destacou a importancia de incorporar este tipo de elementos aos procesos de traballo cos cativos.
Ademais, instalouse un kit de vallas móbiles, que permite mellorar a seguridade tanto no interior da escola como no patio. Este sistema permite, segundo o alcalde, «convertir as instalacións en espazos máis flexibles», xa que as vallas móbiles permiten dividir a clase en grupos, crear espazos tranquilos, ou ofrecer un apoio individualizado aos usuarios.
As melloras contaron cunha axuda da Xunta, cofinanciada polo Fondo Europeo de De-senvolvemento Rexional. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O blues e o country de Red House animaron de novo o Círculo Saviñao

Seguinte Nova

O colexio dos Escolapios, en vías de ser Ben de Interese Cultural de Galicia

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio