
Ata o 21 de decembro, a fotógrafa e divulgadora cultural Mar López Sotelo amosa en Pantón os seus traballos sobre “Esgrafiados na Ribeira Sacra”. A inauguración, que tivo lugar o 1 de decembro, foi amenizada polos cantos de taberna do grupo Os Trece Roeis Fest, ademais dunha charla divulgativa sobre a singularidade dos esgrafiados. Esta técnica de decoración tradicional das fachadas incorpora elementos xeométricos e tamén figurativos, outorgando aos edificios e vivendas unha identidade propia. (Fotos cedidas).
