Ata o 21 de decembro pode verse en Pantón a mostra de Mar López Sotelo sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

Mar López Sotelo na inauguración da súa mostra fotográfica «Esgrafiados na Ribeira Sacra», no Edificio Sociocultural de Pantón. (Foto cedida)

Ata o 21 de decembro, a fotógrafa e divulgadora cultural Mar López Sotelo amosa en Pantón os seus traballos sobre “Esgrafiados na Ribeira Sacra”. A inauguración, que tivo lugar o 1 de decembro, foi amenizada polos cantos de taberna do grupo Os Trece Roeis Fest, ademais dunha charla divulgativa sobre a singularidade dos esgrafiados. Esta técnica de decoración tradicional das fachadas incorpora elementos xeométricos e tamén figurativos, outorgando aos edificios e vivendas unha identidade propia.  (Fotos cedidas).

Numeroso público asistiu á inauguración da exposición de López Sotelo en Pantón, que contou coa actuación do grupo Os Trece Roeis Fest. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un Nadal cheo de actividades en Pantón

Seguinte Nova

Entregados os premios do IV Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: