Entregados os premios do IV Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica

Rosa Villar Pomar recibiu o primeiro premio de mans do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, nun acto celebrado o 7 de decembro no Centro do Viño de Monforte. EC

A posta en valor do traballo dos viticultores é o obxectivo do IV Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica.
Desta volta, Rosa Villar Pomar gañou unha viaxe en globo pola súa imaxe tomada dende preto da adega Regina Viarum. Rosa Villar, natural de Vilariño Frío, en Montederramo, leva 20 anos rexistrando coa súa cámara a paisaxe da Ribeira Sacra, onde viaxa cada outono dende Madrid, o seu lugar de residencia.
O premio dunha noite de hotel con vinoterapia en Augas Santas foi para A Mioteira de Montederramo. As fotos premiadas forman parte do calendario do Consello Regulador O concurso está organizado pola divulgadora cultural Mar López Sotelo, coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Pantón, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e o Centro do Viño. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 21 de decembro pode verse en Pantón a mostra de Mar López Sotelo sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Ferreira recuperará a tradición de hospedería monástica

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: