•A Xunta vai rehabilitar espazos do mosteiro que non están en uso •O servizo terá seis habitacións e varias salas comunitarias
Xa se van coñecendo máis detalles do amplo proxecto que a Xunta vai financiar para poñer en valor varios espazos do Mosteiro das Bernadas de Ferreira, que agora están sen uso. Segundo explicou en Pantón o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, a Consellería de Cultura e Turismo destina máis de 523.000 euros á recuperación da antiga hospedería do mosteiro, así como a casa do capelán, a torre barroca e un espazo situado na planta baixa. “O proxecto vai permitir recuperar a tradición de hospedería monástica neste entorno único”, sinalou Balseiro, ao tempo que “amplía os atractivos do mosteiro e do municipio de Pantón”.
O delegado apuntou que os traballos na primeira planta do edificio acondicionarán catro habitacións dobres e dúas individuais, ademais dunha sala de almorzos, dúas comunitarias e outros espazos funcionais.
A planta baixa do ala leste do edificio reformarase para abrir a sala de recepción de hóspedes. Tamén se vai dispoñer nesta zona un espazo informativo sobre o mosteiro, ademais de acondicionar o acceso á hospedería e á torre barroca cunha nova escaleira e un ascensor. Deste xeito, a torre queda incluída no percorrido das visitas ao conxunto monumental.•