O proxecto para ampliar o Museo Xeolóxico recibe o visto bo dos expertos

•Os investigadores Vidal Romaní e Grandal D’Anglade, do Instituto Universitario de Xeoloxía, coñeceron en Quiroga a que será a nova configuración deste Museo

A visita dos investigadores e profesores universitarios ao Museo Xeolóxico de Quiroga tivo lugar o 5 de decembro. (Foto: TeleQuiroga)

A ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga vén de recibir o apoio da comunidade científica.

NOVA SALA DE AUDIOVISUAIS
A comezos de decembro, o director do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, José Ramón Vidal Romaní, e a profesora e investigadora do mesmo centro, Aurora Grandal D’Anglade, achegáronse a Quiroga para coñecer o detalle do proxecto de ampliación deste espazo. Os científicos deron o seu visto bo ás características dunha obra que vai dar máis amplitude ás catro salas actuais, e permitirá dispoñer dunha nova sala adicada a proxeccións audiovisuais.
Vidal Romaní e Grandal D’Anglade estiveron acompañados polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o director do Museo Xeolóxico, Ramón Vila, aos que expuxeron as súas ideas e propostas para ter en conta na ampliación.
O proxecto de mellora do Museo Xeolóxico xurdiu da necesidade de contar con máis espazo para expoñer a totalidade das pezas que custodia a institución. O proxecto xa dispón dunha partida de 71.000 euros, que será financiada en boa medida polo GDR Ribeira Sacra-Courel a través dos fondos Leader. Ademais, unha parte dos traballos desta ampliación estarán a cargo dos participantes no obradoiro de emprego Sillor, promovido pola Xunta de Galicia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ferreira recuperará a tradición de hospedería monástica

Seguinte Nova

Axenda do Nadal en Quiroga

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio