Deporte solidario no CB Sarria polo Nadal

•O club desenvolve a xa tradicional campaña de recollida de xoguetes, libros e material de ocio a beneficio de Cáritas Sarria

Imaxe de varios dos contedores da campaña de Nadal que o CB Sarria ten instalados no Pavillón do Novo Chanto. (Foto: CB Sarria)

Coherentes co seu compromiso de que «o baloncesto debe cumprir tamén un rol social», o CB Sarria está a levar a cabo unha nova edición da campaña solidaria de Nadal, a beneficio da ONG Cáritas Interparroquial Sarria. O obxectivo é dar unha segunda vida a materiais de ocio, como xogueste, libros, contos, bandas deseñadas ou música, para destinar aos rapaces e rapazas das familias máis necesitadas da contorna.

ATA XANEIRO OU MÁIS ADIANTE
A campaña, que arrancou o 10 de decembro, estará en marcha ata o mes de xaneiro, coa posibilidade de ampliala se é preciso. Os obxectos poden depositarse nos contedores que o club ten instalados no interior do Pavillón Novo Chanto. O recinto está aberto todos os días laborables a partir das 16 horas, e nas fins de semana coincidindo coa celebración dos partidos da xornada.

PROXECTO SOLIDARIO DE TODA A COMUNIDADE
Aínda que a campaña vai dirixida a todos os membros do CB Sarria, dende familias e xogadores, ata o corpo técnico, directivos e colaboradores, o club fixo un chamamento á veciñanza para aportar o seu gran de area a este proxecto comunitario. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Música sen trabas nos festexos de Sober

Seguinte Nova

Preto do 38% dos escolares galegos teñen sobrepeso

Últimas noticias sobre DEPORTES

A SD Sarriana fai historia

Gonzalo L. Torres O pasado domingo púidose vivir en Sarria uno deses máxicos momentos de identidade e comuñón entre as persoas ao
Ir aInicio

Don't Miss