Ocio, cultura e shopping para gozar do Nadal no sur de Lugo

Varias campañas activan o comercio local en Monforte, Chantada e Sarria

Responsables institucionais, do CCU e da Federación de Comercio, na presentación da campaña en Monforte. GPCM

“Merca e Gaña polo Nadal” é a campaña que está en marcha ata o 6 de xaneiro en máis de 600 establecementos do sur de Lugo. A iniciativa, promovida pola Federación Galega de Comercio e a Deputación, busca promover o comercio local. En total, repartiranse 40 premios por valor de 10.000 euros en vales para consumir no comercio da zona.
Ademais, a Campaña de Nadal de ACES-Sarria trae este ano “O Lotón”, que fará gañar 1.000 euros en compras a un cliente do comercio asociado. A Ruleta Infantil do 4 de xaneiro e o concurso de escaparates completan a campaña. O domingo 23, o comercio asociado estará aberto, animado polo Duende do Nadal.•

ACES Sarria está a desenvolver a campaña de Nadal en todo o comercio asociado. (Foto: ACES-Sarria)

Actividades para todos no programa de Nadal de Monforte

O Nadal é tempo de cultura, música e actividades en Monforte.

ACTIVIDADES INFANTÍS
Logo de abrir a programación o día 20 coa XX Mostra de Panxoliñas para centros de ensino, o mércores 26 representarase no Multiusos o espectáculo “O agasallo de Anya”, a cargo de Teatro Marionetas Trécola, a partir das seis da tarde. A actividade vai dirixida aos cativos a partir de 5 anos. A animación seguirá coa Festa Infantil de Noitevella, o venres 28 no espazo da Praza de Abastos, en horario de 11 a 13 horas. Xa o sábado 29, o Apalpador fará un percorrido polas rúas de Monforte durante a mañá. Na mesma xornada, e a partir das seis da tarde, o Multiusos acollerá o contacontos de maxia “A Historia de Brancaflor”, a cargo de Fran Rei.

CABALGATA
O 5 de xaneiro, as SSMM Os Reis Magos chegarán á estación do ferrocarril de Monforte ás 16,50. O desfile partirá deste punto ás 18 horas, percorrendo o casco urbano ata o Concello, onde as Súas Maxestades lerán un discurso sobre as 19,30, e despois, repartirán agasallos entre os nenos e nenas. O 6 de xaneiro, os Reis visitarán varios centros sociais da cidade.•

PROGRAMA DE CONCERTOS

• SÁBADO 22: Concerto de Corais na igrexa dos Escolapios, ás 20 h.
• XOVES 27: Concerto de Sociedade Filarmónica de Monforte, na Casa da Cultura ás 20,15 h.
• VENRES 28: Concerto de música dos 80-90 con “Carta de Ajuste”, na Casa da Cultura ás 20,15
• XOVES 3 XANEIRO: Concerto de Ribeira Sacra Jazz Orquestra, na Casa da Cultura ás 20 h.

Obradoiros, música e baile polo Nadal na Pobra do Brollón

A programación lúdica no Concello da Pobra do Brollón trae actividades para todos no Nadal. Do 26 ao 28 de decembro, haberá contacontos e obradoiros infantís de postais e adornos no Biblio Nadal. Na Casa da Cultura Olga Novo, o día 30 terá lugar unha sesión de teatro, coa posta en escea da obra “Queres que cho conte?” Tamén na Casa da Cultura celebrarase o Baile de Fin de Ano, a partir das 00,30 horas, amenizado polos dúos Eclipse e Estrellas.
En xaneiro, o Concello organiza o día 4 unha actividade para todos os públicos, baixo o título “A trastenda, un paxe real en apuros”. O programa de Nadal rematará coa Cabalgata de Reis, a partir das catro e media. A comitiva percorrerá as rúas de A Pobra ata a Casa da Cultura, onde se entregarán os premios dos concursos de poesía infantil e postais. •

NADAL EN SARRIA

• Sábado 22 decembro (10-14 h.) Novo Chanto: V Trofeo Vila de Sarria de Patinaxe Artística. O Chanto: V Gala Benéfica Nadal 2018 ximnasia rítmica, a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella. Casa da Cultura (20,30 h.): Concerto Lucus Ensemble. Domingo 23 (a partir das 18 h.): Desfile de Coches Clásicos e Motos de Sarria, Papá Noel e o Apalpador (rotonda de Samos ata Estación). Casa da Cultura (19 h.): Teatro adultos: «Ás portas», de Teatro Paso de Valverde». Luns 24 (12-14 h.): Casa da Cultura, recepción ao Apalpador. Martes 25 (18,00 h.): Casa da Cultura: Gran Gala Infantil Nadal Máxico, con Roberto Lolo e Samuel Moreno. Venres 28 (18,30 h.): Biblioteca: Contacontos de Nadal de María Casar. Sábado 29 (20 h.): Igrexa do Rosario: Concerto de Nadal, coa Coral Polifónica do Concello de Sarria e Sarricanta. Domingo 30 (18,30 h.): Casa da Cultura: Espectáculo de Maxia pola Igualdade, a cargo da ilusionista Fani Triana. Luns 31: Carreira Milla Urbana, con saída da rotonda de Samos ás 18 h.
Sábado 5 xaneiro(18 h.): Cabalgata de Reis dende a Estación, amenizada polo grupo musical Louband. Domingo 6 (18 h.): Casa da Cultura: teatro familiar infantil coa obra «O Cachopo Máxico».•

NADAL EN BÓVEDA

• Venres 21 decembro: Encontro de Corais, no Centro Sociocultural ás 20,30 h. Do mércores 26 ao venres 28 decembro: Ocioteca de Nadal de 10 a 14 h., para idades de 3 a 12 anos. Sábado 29 decembro: Espectáculo infantil «Cociñando Música» co Capitán Garfo, ás 19 h. Venres 4 xaneiro: Planetario Kids Fulldome Space, a partir de 6 anos, de 10 a 13,30 horas. Sábado 5 xaneiro: Visita dos Reis Magos ás 17,30 horas.
Todas as actividades de Nadal terán lugar no Centro Sociocultural de Bóveda.•

NADAL EN RIBAS DE SIL

• O Concello de Ribas de Sil ofrece varias actividades este Nadal.

CHOCOLATADA
O sábado 22, San Clodio será o punto de chegada da Cabalgata Moteiro de Papá Noel e o Apalpador, que pasará por toda a comarca de Quiroga. Por este motivo, en San Clodio haberá chocolatada de balde para todos a partir das seis da tarde, hora de chegada da Cabalgata Moteira. Daranse chapas do evento, e un premio ao mellor disfraz.

PLANETARIO KIDS
O 4 de xaneiro, a Deputación traerá a San Clodio o Planetario Ciencia Kids- Fulldome Space, de 16,30 a 19,30 horas. A actividade permite, a través dunha tecnoloxía 360º, mergullarse de xeito lúdico en ciencia, a cultura e a natureza.
A programación de San Clodio rematará coa Cabalgata de Reis. •

III FESTIVAL DE MAXIA NO INCIO

• Sábado 22: Mago Marco no Multiusos. Domingo 23: Mago Lolo, no local social de Lebón. Sábado 29: Mago Samuel Moreno, na Cervela. Domingo 30: Mago Paco, en Vilademouros. As sesións son ás 18,00 horas. •

OBRADOIROS, FESTIVAIS E CABALGATA NO NADAL DO SAVIÑAO

A programación de Nadal no Concello do Saviñao comeza o sábado 22 de decembro, coa visita de Papá Noel e o Festival de Nadal, no Auditorio de Escairón ás 17,30 horas.

OBRADOIROS
O mércores 26, haberá un obradoiros de iniciais de Nadal, cunha sesión na Ludoteca de Escairón ás 12, e outra no Centro Sociocultural de Currelos ás 16,30. O obradoiro do xoves 27, na Ludoteca ás 12, estará adicado ás bolas de Nadal. Neste mesmo espazo terá lugar o venres 19 o obradoiro familiar de adornos de fieltro. Será ás 12, e para participar, cada menor deberá estar acompañado por un adulto.

FESTA DE NADAL
O domingo 30, o Pavillón de Escairón acollerá, a partir das 17 horas, unha Festa de Nadal con inchables, na que tamén haberá pintacaras, photocall, carriños de palomitas e hot dogs, así como os personaxes de Micky e Minnie Mouse.

MANUALIDADES E CIENCIA EN XANEIRO
Os obradoiros voltarán en xaneiro. O mércores día 2, os participantes elaborarán chaveiros na Ludoteca ás 12, e no Centro de Currelos ás 16,30. O xoves 3 haberá sesión dobre en Escairón. Ás 12, terá lugar un obradoiro de canapés de Nadal na Ludoteca, e pola tarde, de 16,30 a 19,30, celebrarase no Pavillón da capitalidade o Planetario Ciencia Kids- Fulldome Space, financiado pola Deputación de Lugo. O obradoiro do venres 4 adicarase á bota de Nadal e ás Cartas de Reis.

CABALGATA DE REIS
O programa rematará o sábado 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis. As SSMM Os Reis Magos visitarán Currelos ás 16,30, chegarán a Escairón ás 18,30, e logo de percorrer a capitalidade, ás 19,45 recibirán aos nenos con agasallos no Auditorio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 160.000 euros provinciais para a rede de abastecemento rural en Sober

Seguinte Nova

A Xunta completou o arranxo da LU-212 en Taboada e Monterroso

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: