A Deputación de Lugo e LugoPatrimonio renovan a colaboración

A deputada de Cultura, Pilar García, e o presidente de LugoPatrimonio, Adolfo Vilela, na sinatura do convenio, o 2 de xaneiro. GPDL

A comezos deste mes, quedou asinado o convenio de colaboración entre a Deputación e a Asociación LugoPatrimonio. O convenio, por importe de 5.000 euros, continúa o compromiso de apoio da institución provincial con este colectivo, adicado a poñer en valor a riqueza material e inmaterial do territorio lucense.
A labor de LugoPatrimonio concrétase na organización de xornadas e conferencias, para chamar a atención sobre o «esquezo e deterioro» do patrimonio lucense, e buscar vías de solución. LugoPatrimonio organiza eventos ao longo de toda a provincia, en colaboración con entidades locais e culturais que traballen co mesmo fin.
A achega da Deputación financiará a organización e posta en marcha de conferencias, xornadas e debates. Ademais, o apoio provincial materialízase en accións como a celebración, no Pazo de San Marcos, dunha xornada de información e debate sobre a conservación do Cuartel de San Fernando. O Goberno provincial ten planteado á Xunta, dende 2008, que recupere o edificio para convertelo en Museo Arqueolóxico Galaico-Romano. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A paisaxe da Ribeira Sacra xa é Ben de Interese Cultural

Seguinte Nova

A Xunta investiu 35,6 millóns de euros en políticas activas de emprego na provincia de Lugo durante 2018

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: