A Xunta investiu 35,6 millóns de euros en políticas activas de emprego na provincia de Lugo durante 2018

• O fomento da contratación e os programas formativos, eixos das accións do Executivo autonómico

José Manuel Balseiro, delegado da Xunta na provincia, presentou o balance de políticas de emprego o 2 de xaneiro. GPDTL

A comezos de xaneiro, deuse a coñecer o balance das políticas activas de emprego que a Xunta promoveu na provincia de Lugo en 2018. En total, o Executivo autonómico investiu 35,6 millóns de euros, que favoreceron a 5.204 lucenses.

O EMPREGO, «UNHA DAS METAS DA XUNTA PARA 2019»
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, detallou as partidas autonómicas neste concepto, e destacou que «a mellora do emprego seguirá a ser este ano unha das grandes metas do Goberno galego». A aposta centrouse en dous eixos, que foron o fomento da contratación e as actividades formativas.

INSERCIÓN LABORAL DE 2.279 LUCENSES
No primeiro caso, a Xunta investiu 27,5 millóns de euros en obradoiros de emprego, axudas de Medio Rural para a incorporación de mozos ao agro, fomento do emprego autónomo, liñas de apoio ao comercio e ao emprendemento empresarial, e programas de axudas a entidades locais. Dentro destas achegas para que os concellos poidan contratar, atópanse o plan Aprol Rural, os programas de contratación de socorristas ou de perceptores da Risga, entre outros. Todas estas accións serviron para contratar a 2.279 lucenses que estaban no paro.

AS AXUDAS A AUTÓNOMOS PERMITIRON 911 EMPREGOS
Balseiro precisou os resultados de cada liña de acción. O delegado destacou as axudas ao emprego autónomo, con máis de 4,5 millóns de euros, que xeraron 911 empregos. Así mesmo, os obradoiros de emprego duais e os destinados a menores de 30 anos, cun montante de algo máis de 5,6 millóns, deron lugar a 472 contratacións. Pola súa banda, as achegas de Medio Rural para brigadas de incendios, con 1.980.000 euros, empregaron a 368 persoas. A mesma Consellería permitiu a incorporación de 194 mozos e mozas ao agro, con axudas por 6 millóns de euros.

2.925 PERSOAS NAS ACCIÓNS FORMATIVAS DA XUNTA
En canto ás accións formativas, a Xunta financiou programas por importe de 8 millóns de euros, que beneficiaron a 2.925 desempregados. Neste grupo, os cursos AFD contaron con case 6,8 millóns de euros, e melloraron a empregabilidade de 2.430 beneficiarios. As accións formativas en empresas, con case 98.000 euros, tiveron 45 beneficiarios. Esta cifra subiu ata os 450 nos programas integrados de emprego, que a Xunta financiou con preto de 1,2 millóns.•

•Concellos con maior investimento

LUGO: 4,3 millóns € VILALBA: 1,4 millóns €
MONFORTE DE LEMOS: 887.360 €
SARRIA: 783.177 €
RIBADEO: 772.381 €
CHANTADA: 614.783 €
VIVEIRO: 222.503 €

•Redución do paro na provincia

•Na presentación do balance das políticas de emprego da Xunta, con datos ata novembro, a provincia rexistraba 16.627 desempregados •A cifra supón un descenso do 9,25% no número de parados nos últimos 12 meses (1.694 desempregados menos)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo e LugoPatrimonio renovan a colaboración

Seguinte Nova

O Bar Dickens FC alzouse co triunfo no Torneo de Nadal de Quiroga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss