Avalancha de solidaridade na campaña de Nadal do CB Sarria

•Dende o club gabaron a «enorme resposta» da comunidade deportiva e da veciñanza

A campaña de recollida de xoguetes e artículos de lecer deixou no Novo Chanto un gran volume de paquetes. CB Sarria

O ano comezou cun éxito máis aló do deportivo para o CB Sarria. A campaña de recollida de xoguetes e material de ocio que organizaron con motivo do Nadal acadou un «enorme éxito». Proba da resposta da familia deportiva e da veciñanza de Sarria foron as 12 caixas de grandes dimensións e a media ducia de amplas bolsas nas que se empaquetaron as aportacións con destino a Cáritas Interparroquial de Sarria. A campaña recolleu xoguetes, libros, discos e todo tipo de material de ocio, así como artículos para a prática do deporte.

AGRADECEMENTOS
Dende o CB Sarria agradeceron a colaboración das familias vinculadas á entidade deportiva, e tamén a Cáritas Sarria, por contribuír a que esta iniciativa fose todo un éxito. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Bar Dickens FC alzouse co triunfo no Torneo de Nadal de Quiroga

Seguinte Nova

Cinco proxectos en turismo, tecnoloxía, agroalimentario e benestar reciben os premios ao Emprendemento no Rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: