Expertos prevén que aumente a demanda de madeira de piñeiro galego

A xornada técnica sobre a construción en madeira de piñeiro celebrouse no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o 23 de decembro. GPXG

O sector da construción será «unha clara oportunidade de negocio» para a madeira de piñeiro galego. Esta foi unha das conclusións dos expertos reunidos na xornada técnica organizada pola Consellería do Medio Rural no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, a finais de decembro. Investigadores das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela e profesionais de entidades públicas e privadas coincidiron en que a demanda de uso da madeira de piñeiro vai aumentar, non só na construción senón noutras aplicacións para a sociedade en xeral.
Na xornada, os expertos trataron cuestións vinculadas á natureza do piñeiro galego e ás súas aplicacións á construción. Os profesionais reunidos en Lourizán falaron das características hereditarias desta especie sobre as que se traballa en programas de mellora xenética no Centro de Investigación Forestal. En especial, o interese dos investigadores relaciónase con propiedades como a elasticidade e a densidade desta madeira, así como aspectos morfolóxicos como o crecemento en volume e rectitude. Neste sentido, os estudos van orientados ás necesidades do sector da construción, «un importante nicho de mercado» para a madeira de piñeiro galego.
O encontro de Lourizán intégrase no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e información ao agro galego 2018 da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e cofinanciado no 75% con Fondos FEADER.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

136 gandeiros e agricultores aproveitarán 582 hectáreas co Plan de Recuperación de Terras Abandonadas da Deputación

Seguinte Nova

O Pleno municipal aproba por unanimidade o PXOM de Quiroga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio