
As festividades en Quiroga adoitan incluír o deporte como un dos elementos importantes da axenda. No Nadal, o Concello de Quiroga organizou o Torneo de Fútbol Sala, que deu o triunfo ao Bar Dickens FC, nunha competición que se celebrou no pavillón municipal do 26 ao 29 de decembro.
A vitoria veu logo dunha final «emocionante», segundo explicaron dende a organización, que se disputou entre o Bar Dickens FC e o QFS Evolution. Coas bancadas ateigadas de público, os vencedores evitaron no último momento a tanda de penaltis á que estaban abocados cun marcador a 4-4. O terceiro posto foi para o Estrelas Coxas, que fixo o seu mellor torneo tras varias edicións. •