Sanidade amplía ata o 25 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe

• A comezos de ano, tíñanse vacinado 553.000 persoas, 23.000 máis que o ano pasado nas mesmas datas

A campaña iniciouse o 22 de outubro, baixo o lema «Contaxia a túa enerxía e non a gripe». (Foto: www.pixabay.com)

A Consellería de Sanidade vén de prorrogar a campaña de vacinación contra a gripe ata o 25 de xaneiro. Segundo explicaron dende este departamento autonómico, a chegada da onda gripal estase a retrasar este ano en Galicia, polo que aínda vai dar tempo a vacinarse con este novo prazo. Sanidade ten a disposición dos usuarios 900 puntos de vacinación en hospitais públicos e privados, centros de saúde e residencias da terceira idade, entre outros.

MEDRAN AS VACINACIÓNS
Ata o 6 de xaneiro, os datos da campaña indicaban un importante aumento de vacinacións nos diversos grupos. Entre os profesionais sanitarios, o número de vacinados medrou case un 30% respecto ao ano pasado. Nesta campaña, aumentou preto dun 70% o número de mulleres embarazadas que solicitaron a vacina, o que amosa, segundo a Consellería, unha maior concienciación da importancia desta enfermidade entre as futuras nais e os profesionais que as atenden.
Entre a poboación de 65 anos ou máis, identificados como un dos grupos de risco, lévanse vacinado 388.500 persoas, fronte ás 6.600 do ano pasado por estas datas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao cumpriu 60 anos mirando ao futuro

Seguinte Nova

136 gandeiros e agricultores aproveitarán 582 hectáreas co Plan de Recuperación de Terras Abandonadas da Deputación

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: