•Como nun xogo, a aplicación axuda a percorrer varias localizacións, resolvendo enigmas e pistas, nunha divertida conta atrás
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentou en FITUR, o 24 de xaneiro, unha nova ferramenta promocional que combina a viaxe e o xogo, a través das novas tecnoloxías.
IR BUSCANDO PISTAS, RESOLVER ENIGMAS E COMPLETAR UN PERCORRIDO NUN TEMPO CONCRETO
A proposta, presentada baixo o nome «Búskalo en Ribeira Sacra», convirte a este territorio nunha «scape room», ou sala de escape, pola que hai que ir dando pasos concretos mediante pistas nun determinado tempo. Segundo explicaron dende o Consorcio, os visitantes que queiran sumarse ao reto, recibirán unha equipación composta por unha tablet, na que estará instalada a aplicación de realidade aumentada, xunto a un caderno de notas, un cronómetro cunha conta atrás, e unha mochila con diversos compartimentos pechados con candados. Dende a tablet, os visitantes detectarán as pistas, que deberán ir resolvendo para avanzar no percorrido dentro do tempo establecido polo cronómetro. En cada chanzo, os usuarios atoparán unha chave para ir abrindo os compartimentos da mochila, e así obter os datos necesarios para seguir adiante.
OPCIÓN DE LECER AXEITADA PARA TODO TIPO DE PÚBLICOS, EN CALQUER ÉPOCA DO ANO
Esta fórmula de «aventura, innovación e novas tecnoloxías» pretende ser «a sinerxia perfecta» para desenvolver unha actividade que, como explicou o presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián, busca satisfacer a todos os públicos, sobre todo ás familias. Ademais, este tipo de propostas pódense desfrutar en calquer momento do ano. •