•O prazo de inscrición está aberto ata finais de xaneiro •A convocatoria está aberta para calquer persoa que teña pensado un proxecto empresarial
O recinto de Expolemos acollerá, a partir de febreiro, unha nova edición do Coworking Ribeira Sacra. Esta iniciativa, resultado da colaboración entre a Escola de Organización Industrial (EOI) e o IGAPE, ofrece de balde asesoramento e apoio integral aos emprendedores, para que poñan a andar os seus proxectos.
CADA PROXECTO ESTARÁ GUIADO POR UN MENTOR
No espazo Coworking, os participantes dispoñen de aulas e zonas de reunión nas que terá lugar o proceso formativo, e nas que poderán recibir o asesoramento dun mentor para validar e arrancar cada proxecto.
A cuarta edición do Coworking Ribeira Sacra en Monforte, que ofrece unha vintena de prazas, desenvolverase ata finais do mes de xuño.
TOMÉ: “MOI BOA OPORTUNIDADE PARA IMPULSAR PROXECTOS NA ZONA”
Dende o Consistorio, o alcalde, José Tomé, animou aos monfortinos e aos veciños da comarca a inscribirse. “A aceleradora de empresas vai ser unha moi boa oportunidade para impulsar novos proxectos na zona”. O rexedor salientou que “neste momento, precisamos máis que nunca ideas que permitan xerar postos de traballo”.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poden inscribirse a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/monforte-de-lemos-4a-edicion. Tamén se pode obter información e facer a inscrición na oficina da axente de desenvolvemento local do Concello de Monforte, situada nas Casitas da Compañía.•