As Rutas Fluviais da Deputación tiveron un 10% máis de visitantes

As rutas en catamarán da Deputación de Lugo ampliáronse este ano ata o 9 de decembro. GPDL

As Rutas Fluviais que a Deputación de Lugo organiza polos ríos Miño e Sil continúan a sumar visitantes. O balance da recente tempada, presentado a mediados de xaneiro, rexistrou un total de 59.300 visitas entre abril e mediados de decembro de 2018, o que supón 6.128 máis que na tempada anterior.

MÁIS DÍAS PARA GOZAR DA RIBEIRA SACRA
O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, apuntou que a alta demanda nos catamaráns levou ao organismo provincial a ampliar a tempada dende o 1 de novembro ata o 9 de decembro. «Esta prolongación do periodo das rutas fluviais da Deputación permitiu que máis xente descubrise a riqueza que compartimos as provincias de Lugo e Ourense, que é a Ribeira Sacra», salientou.

O SIL DENDE DOADE, A RUTA CON MÁIS VISITANTES
O incremento máis notable na cifra de viaxeiros correspondeu á ruta de Doade, con 47.578 persoas, fronte ás 41.715 do ano anterior. A ruta de Belesar sumou este ano 11.430 pasaxeiros.
Vidal Baamonde enumerou as melloras que o Executivo provincial realizou nas Rutas Fluviais. A posta en marcha da nova oficina de atención turística no embarcadoiro de Doade, a mellora das embarcacións, e os avances na central de reservas 24 horas súmanse aos diversos eventos que o organismo provincial impulsou na zona, como o Festival Internacional de Música 17º. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte estreou en FITUR a súa primeira guía turística en tres idiomas

Seguinte Nova

Denuncian a supresión dun posto na cociña do Hospital de Monforte e a marcha dun especialista a Ourense

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss