Denuncian a supresión dun posto na cociña do Hospital de Monforte e a marcha dun especialista a Ourense

CIG-Saúde reclama «estabilidade» para a plantilla do Hospital de Monforte. Arquivo EC

O sindicato CIG-Saúde do Hospital de Monforte continúa a denunciar a diminución de persoal que afecta a varios departamentos do centro.

MÁIS CARGA DE TRABALLO PARA O PERSOAL CON POSTOS ADAPTADOS POR SAÚDE
A formación sindical alertou da supresión dunha praza de pinche na cociña. O colectivo explicou que esta medida «busca liberar ao cociñeiro xefe das tarefas de cociña e centrarse só na xefatura», e así «contratar a outro cociñeiro». Dende CIG-Saúde lembraron que o traballo do pinche «é moi repetitivo», o que ocasiona lesións e provoca que haxa «varias pinches con postos adaptados por saúde laboral». «Se agora lle quitan unha praza, a carga de traballo será maior e, probablemente, haxa máis lesións», denunciaron. O sindicato aclarou que «non está en contra de que o xefe de cociña teña só funcións de xefe», senón que sexa «a costa doutro compañeiro, neste caso unha pinche».

UN MÉDICO DE REHABILITACIÓN MENOS, E DÚBIDAS SOBRE OS ESPECIALISTAS PROMETIDOS
Os responsables de CIG-Saúde tamén denunciaron a marcha dun médico de Rehabilitación, que decidiu aceptar unha interinidade en Ourense «por non terlle ofertado un contrato decente no Hospital de Monforte». Dende o sindicato criticaron «a desidia da dirección», que provoca que «marchen todos os médicos que temos con contratos precarios de tres meses». En CIG-Saúde consideran «fundamental» para o Hospital de Monforte «estabilizar a plantilla». Ademais, insisten na súa denuncia ao descubrir que, segundo está a oferta de emprego público, «non vai vir o especialista de Dixestivo prometido, e hai dúbidas sobre o de Cardioloxía».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As Rutas Fluviais da Deputación tiveron un 10% máis de visitantes

Seguinte Nova

Licitadas as obras de mellora en tramos do Camiño Francés pola LU-633

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: