Licitadas as obras de mellora en tramos do Camiño Francés pola LU-633

•O investimento é de 700.000 euros •As obras comezarán no mes de xuño •O proxecto abrangue tramos en Pedrafita, Triacastela, Samos e Portomarín

O 14 de xaneiro, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou en Lugo a licitación do proxecto de arranxos nestes viais, o mesmo día do inicio da tramitación. GPDTL

A mediados de xaneiro, a Xunta licitou as obras do proxecto de mellora da seguridade viaria nos tramos do Camiño Francés que coinciden co trazado da estrada LU-633 ao seu paso por cinco municipios. O proxecto, cun prezo de licitación de 700.000 euros, inclúe accións específicas en treitos da ruta xacobea vinculados a este vial en Pedrafita, Triacastela, Samos e Portomarín.

AMPLIAR O ANCHO DO CAMIÑO EN VARIOS TRAMOS, E MELLORAR A SINALIZACIÓN NOS CRUCES
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, deu a coñecer os detalles o mesmo día en que se licitou o proxecto. Por unha banda, procederase a mellorar a sinalización dos cruces do Camiño Francés coa estrada LU-633, para unha mellor orientación dos peregrinos ao longo da ruta. Por outro lado, ampliarase o vial no trazado por Pedrafita, Triacastela e Samos, co fin de garantir a seguridade viaria para peregrinos e vehículos. En concreto, o treito de saída dende a parroquia de Hospital, en Pedrafita, contará cun ancho maior. Unha obra similar realizarase á saída de Triacastela e en Samos, coa ampliación e rehabilitación dos tramos do Camiño Francés, mediante a instalación de cinco treitos de pasarela de madeira.
En canto ás previsións, Vázquez precisou que as obras comezarán en xuño, para poder telas rematadas nun prazo de oito meses.

NOVO PASO PEONIL EN PORTOMARÍN
Na mesma estrada LU-633, a conselleira de Infraestruturas adiantou que se está a redactar o proxecto dun itinerario peonil nun treito que coincide co Camiño Francés ao seu paso polo municipio de Portomarín. Vázquez precisou que esta actuación forma parte do Plan de Sendeiros da comarca de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Denuncian a supresión dun posto na cociña do Hospital de Monforte e a marcha dun especialista a Ourense

Seguinte Nova

Sarria invita a degustar o porco e os seus produtos o 16 e 17 de febreiro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: