Diversión para todos no Entroido de Bóveda

•O baile de disfraces terá lugar na tarde do sábado 2 de marzo no Centro Sociocultural

O salón de actos do Centro Sociocultural de Bóveda énchese de animación durante a festa de disfraces do Entroido. Arquivo EC

O día grande do Entroido en Bóveda será o sábado 2 de marzo, data na que se celebrará o baile de disfraces no Centro Sociocultural, a partir das cinco e media.
A cita festiva en Bóveda contará con animación, e os asistentes desfrutarán dunha chocolatada de balde.

CONCURSO CON DOUS PREMIOS EN TODAS AS MODALIDADES
Ademais, o Concello de Bóveda organiza un concurso entre os disfraces presentes na festa. Establécense dúas categorías, infantil e adultos, e en cada unha delas outorgaranse dous premios, tanto na modalidade individual, como na de parellas e na de grupos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O desfile de disfraces e o Oso de Salcedo marcan a axenda do Entroido na Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Todo listo para desfrutar do Entroido con actividades para todos en Sober

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: