●●● Xuntanza das mulleres do Barrio da Estación polo 8-M
●●● Nace Femforte, unha asociación feminista con sede en Monforte e ámbito provincial
O 9 de marzo quedou constituída en Monforte de Lemos a Asociación Femforte, un colectivo de ámbito provincial que busca “o interese xeral a través da promoción da muller e da loita contra a discriminación por cuestión de xénero”. Os seus estatutos, segundo explicaron dende a asociación feminista, especifican unha serie de obxectivos, entre os que están a promoción da igualdade no eido público e no privado, e accións para favorecer a inclusión dos colectivos máis vulnerables.
Para acadar estes obxectivos, o documento fundacional de Femforte apunta, entre outros medios, á elaboración de plans de igualdade, accións educativas e de sensibilización, o uso de linguaxe non sexista, e a promoción e sinerxias con colectivos e plataformas con intereses similares.•
●●● O 2º premio do Concurso de Carteis 8M veu a Monforte
Alejandro García Rodríguez, alumno de 1º Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte, acadou o segundo premio do Concurso de Carteis que a Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o 8 de marzo. Alejandro recibiu un diploma e un cheque. Ademais, os seus compañeiros de clase desfrutarán dunha viaxe á casa de Rosalía e ao Galipark, e o centro recibirá un lote de libros. •