A Xunta adxudicou o proxecto para unha glorieta na intersección de Bóveda

• O ano pasado, xa se instalaron neste punto paneis luminosos e bandas transversais para mellorar a seguridade

En xaneiro de 2018, o delegado da Xunta presentou as melloras de seguridade no cruzamento de Bóveda, que agora se reforzarán cunha glorieta. Arquivo GPDTL

A Xunta continúa a mellorar a seguridade no cruzamento de Bóveda, coa próxima construción dunha glorieta. A mediados de marzo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou o proxecto de obra, coa que se pretende xestionar o tráfico na intersección entre a estrada de Lugo a Monforte e a que vai a Quiroga.

180.000 EUROS PARA A GLORIETA E DOUS PASOS DE PEÓNS
Segundo o estudo realizado pola Axencia Galega de Infraestruturas, o custe da obra ronda os 180.000 euros. O delegado da Xunta en Lugo explicou que a glorieta fará máis visible o cruzamento para os condutores e obrigará a reducir a velocidade. O proxecto contempla tamén a instalación de pasos para peóns nos dous viais.

MELLORAS ANTERIORES
Xa en 2018, a Consellería actuou neste punto coa colocación de paneis luminosos e bandas transversais, para alertar do cruce e facer cumprir o sinal de stop.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte pon a punto as rúas máis transitadas cunha limpeza intensiva

Seguinte Nova

O Bono Coidado da Xunta esténdese este ano tamén aos servizos de ludoteca e similares

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss