Arrancan en abril os novos cursos de artesanía do CENTRAD

Pilar García Porto, deputada de Cultura, presentou o programa de cursos do CENTRAD o 20 de marzo. GPDL

Dende abril e ata comezos de novembro, desenvolverase o novo programa de cursos do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación. Un total de nove accións formativas sobre diversas especialidades artesanais enchen a oferta deste ano, que conta con 72 prazas destinadas ao público en xeral.

CURSOS DE ABRIL
A programación de abril céntrase na cestaría tradicional galega, para continuar coa elaboración de complementos en coiro, coa vista posta na gran recreación histórica do Arde Lucus 2019. O programa completarase cun obradoiro de reprodución de refaixos bordados, a cargo de Traxandaina.

XOIERÍA E TAPICES EN MAIO
Os asistentes aos cursos do mes de maio poderán introducirse nas técnicas básicas de xoiería, e aprender a elaborar pezas en fibra de roten. Ademais, haberá un curso de iniciación á tapizaría.
En xuño, os obradoiros porán o foco na elaboración de figuras con vimbio, e na fotografía artesanal. A programación do CENTRAD regresa en outubro, cun curso de xoiería creativa.
Os prezos de matrícula están entre os 20 e os 40 euros, segundo a especialidade do curso. As inscricións realizaranse no correspondente banner da páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte reivindicará o seu papel na Guerra da Independencia no 210º aniversario do asedio dos franceses

Seguinte Nova

“Novos Personaxes” da pintora lucense Carmen Prado visitan o Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss