
Taboada acolleu a mediados de marzo o Campionato Provincial escolar de taekwondo nas modalidades de técnica e freestyle, con preto de 100 participantes. A proba estivo organizada polo ximnasio Neka e a Escola Municipal desta especialidade, que leva adiante o club monfortino coa colaboración do Concello de Taboada. Precisamente, seis dos 28 deportistas que aportou o Neka á competición son de Taboada, o que explica a «consolidación» da escola de taekwondo na localidade, segundo destacou o responsable do Neka, José Mª Vega.
Na modalide de técnica, o Neka acadou media ducia de ouros, que corresponderon a Alicia Castro, Lucía Roca, Laura Álvarez, Alan David Bustamante, Daniel Areán e Gael Trujillo. Pola súa banda, Marco García, Aitor Teijeiro e Karla Novo acadaron cadansúa prata en técnica. Na mesma especialidade, lograron medalla de bronce Inés Casal, Carla Pardo, Ana López e Iria de la Fuente.
A este medalleiro hai que sumar os metais conseguidos en freestyle por Laura Álvarez, que logrou ouro, e por Karla Novo, cunha prata.
Por equipos, o Neka sumou a máxima puntuación, o que supuxo a medalla de ouro en masculino e tamén en feminino.•