Cecilia Quiroga e Alba Varela, do IES A Pinguela, no podio do Campionato Provincial de Orientación

As alumnas do IES A Pinguela, Cecilia Quiroga e Alba Varela, posaron coas súas medallas de prata e bronce, acadadas no Campionato Provincial Escolar de Orientación, desenvolvido ao longo da mañá do 20 de marzo. Coa medalla de bronce, a deportista recibiu tamén un premio de 50 euros. (Foto cedida).

O Campionato Provincial Escolar de Orientación deixou dous medallas en Monforte. As alumnas do IES A Pinguela Cecilia Quiroga e Alba Varela lograron a prata e o bronce na modalidade cadete feminina, na proba celebrada o 20 de marzo.

PRETO DE 400 ESCOLARES DE NOVE CENTROS DA PROVINCIA
No parque de Frigsa déronse cita preto de 400 estudantes de entre 12 e 15 anos, procedentes do IES de Becerreá; IES do Camiño, de Palas de Rei; CPI Uxío Novoneyra, de Pedrafita do Cebreiro; IES Fontem Albei, da Fonsagrada; IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz; e do IES A Pinguela, de Monforte, ademais dos centros lucenses IES Xoán Montes, IES Leiras Pulpeiro e CPR Fingoi.
Na proba desta disciplina, os participantes tiveron que empregar planos de localización para atopar entre 8 e 10 balizas distribuídas ao longo dun trazado de preto de 2 quilómetros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os socialistas do Saviñao rexeitan a localización que a Xunta dará ao novo centro de saúde

Seguinte Nova

Recepción no Pazo de San Marcos a Nuria López Fernández polas súas tres medallas e o récord de España en atletismo adaptado

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss