Dúas conferencias e un ciclo de charlas nos centros educativos encherán a programación denominada “1809: Os Franceses en Monforte”, para celebrar o 210º aniversario dos graves asedios que sufriu a cidade durante a Guerra da Independencia.
O mes de xuño concentrará estas xornadas, ao coincidir coa data do último dos tres episodios críticos que padeceu Monforte de mans das tropas francesas. As conferencias estarán a cargo da escritora e investigadora monfortina Margarita Rodríguez Otero, e de José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, coronel de Artillería retirado, escritor e investigador en temas de heráldica e historia. Previamente, o investigador monfortino Felipe Aira impartirá unha serie de charlas nos centros educativos. O obxectivo é divulgar o importante papel de Monforte de Lemos na defensa de Galicia fronte ás tropas invasoras.
As actividades do 210º aniversario dos asedios de Monforte na loita contra os franceses foron deseñadas a través dunha comisión integrada polo Concello e a asociación Amigos Patrimonio de Lemos. A divulgación dos feitos acontecidos dende xaneiro ata xuño de 1809 en Monforte porán de manifesto unha época “moi descoñecida” da historia da cidade, segundo explicaron os promotores. Hai que lembrar que en Monforte creouse unha das primeiras Xuntas de Defensa de Galicia. Os tres gravísimos asedios sufridos pola cidade quedaron silenciados na memoria da guerra por coincidir con importantes batallas, como a de Elviña. Aínda así, os rexistros da época evidencian que no segundo asedio, acontecido o 20 de abril de 1809, houbo máis mortos nun só día que en todo o ano anterior.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O Partido Popular de Sarria advertiu sobre a «deriva económica» do Concello, cun resultado orzamentario negativo
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a rematar os traballos de sondaxe e acondicionamento
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da