
A pintora lucense Carmen Prado trouxo de novo a súa arte ao Círculo Saviñao. Baixo o título “Novos Personaxes”, Prado expón na sociedade recreativa de Escairón unha serie de obras nas que o rostro e a figura femininas son as protagonistas.
Prado é unha das artistas habituais na axenda cultural do Círculo Saviñao. Dende o ano 2014, esta é a cuarta exposición que a lucense ofrece ao público de Escairón.
A mostra “Novos Personaxes” está aberta ata o 28 de abril.•