O Bono Coidado da Xunta esténdese este ano tamén aos servizos de ludoteca e similares

• Este Bono dá axudas ás familias para contratar coidadores que atendan en momentos puntuais aos fillos e fillas de ata 12 anos

José Manuel Balseiro presentou as novas prestacións do Bono Coidado para as familias, o 14 de marzo. GPDTL

Ata o 2 de setembro está aberto o prazo para solicitar o Bono Coidado, unha liña de axudas que a Consellería de Política Social ofrece ás familias para custear a contratación puntual de coidadores para os seus fillos e fillas. Como novidade, este ano a subvención tamén sufragará o pago de servizos de ludoteca e outros espazos infantís similares.

PARA CUBRIR A ATENCIÓN AOS CATIVOS EN SITUACIÓNS PUNTUAIS
Os detalles destas axudas explicounos o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen lembrou as prestacións que ofrece o Bono Coidado, posto en marcha polo Executivo autonómico en 2016. Os custes que se subvencionan con esta fórmula permiten ás familias resolver situacións puntuais, como a atención a un cativo que se puxo enfermo, ou substituír por outro ao coidador habitual debido a unha doenza, ou porque ten que realizar un curso de formación ou asistir a unha entrevista de traballo.

REQUISITOS PARA SOLICITAR O BONO COIDADO
Os requisitos para optar ao Bono Coidado é residir en Galicia, ter fillos ou fillas menores de 12 anos, e unha renda da unidade familiar que non supere os 45.000 euros, ou os 13.500 euros per cápita.
A Consellería de Política Social destina ao Bono Coidado un importe inicial de 1,2 millóns de euros, aunque se ampliará ata dar cobertura a todas as solicitudes.

TAMÉN ATENCIÓN FÓRA DO DOMICILIO
Ata agora, o Bono Coidado só subvencionaba os servizos de atención domiciliaria. Este ano, os beneficiarios tamén poderán custear con esta axuda a contratación de servizos de atención infantil non continuados, como as ludotecas ou espazos deste tipo.

TRÁMITES DE PAGO
O pagamento realizarase logo da presentación, na xefatura territorial da Consellería de Política Social, das facturas correspondentes ao servizo e o xustificante bancario do abono, ou o recibín do coidador se o pago do servizo se fixo en efectivo. •

• O BONO COIDADO, EN CIFRAS

• COBERTURA MÁXIMA: 80 horas entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. En familias con máis dun fillo, o Bono cubrirá ata 92 horas
• TRAMOS DA AXUDA:
renda per cápita ata 3.750 € → 14 €/hora de servizo
renda per cápita ata 7.500 € → 11 €/hora de servizo
renda per cápita ata 10.000 € → 9 €/hora de servizo
renda per cápita ata 13.500 € → 7 €/hora de servizo
(As mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán a contía máxima, independentemente da súa renda per cápita)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta adxudicou o proxecto para unha glorieta na intersección de Bóveda

Seguinte Nova

O alumeado público volve á praza Luis de Góngora na contorna do Parador

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss