A Caravana do Amandi impulsa a promoción da Feira do Viño

•Funciona como unha oficina de turismo itinerante •A nova Caravana do Amandi estará presente tamén en feiras e eventos do sector

A Caravana do Amandi fixo parada na capital provincial o 3 de abril. De esquerda a dereita: O concelleiro Daniel Piñeiro; o alcalde de Sober, Luis Fernández; o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o deputado Pablo Rivera. GPCS

A Feira vitivinícola decana da provincia conta xa cun novo elemento promocional. A finais de marzo, o Concello puxo a andar a Caravana do Amandi, un espazo móbil que funciona como oficina de turismo ambulante, para dar a coñecer os viños desta subzona en cidades, municipios e, tamén, eventos turísticos e feiras do sector.
A Caravana do Amandi presentouse en Sober o 28 de marzo, para continuar o percorrido promocional con parada en Lugo, o 3 de abril, e achegarse a Escairón, o día 8. Cómpre lembrar que O Saviñao é o concello invitado na XXXIX Feira do Viño de Amandi.
A Caravana, preparada por Sheila Pérez, do estudo de deseño e interiorismo Espazo Nu de Monforte, vai decorada no exterior con imaxes dos atractivos paisaxísticos e gastronómicos de Sober. Dentro, a Caravana incorpora unha adega móbil, para ofrecer degustacións de viño ao aire libre. •

• PROGRAMA DA XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Na mañá do sábado 13 de abril, a adega Don Bernardino, en lembranza do seu fundador, Bernardino Rodríguez, será a encargada de inaugurar a edición número trinta e nove da Feira de Amandi. Tras unha actuación de música tradicional antes do mediodía, o programa continuará pola tarde, coa precata oficial dos viños presentados.

CONCERTO DE MARIA DO CEO O SÁBADO ÁS OITO, E OS GIN TONI’S POLA NOITE
A música voltará da man da Banda de Música de Sober, ás seis e media, e xa ás oito, o Auditorio de Sober acollerá o concerto da fadista María do Ceo. Pola noite, amenizarán a Feira a charanga Louband e Sr. Jingles, na Praza do Concello, para rematar cos Gin Toni’s a partir das doce.
PREGÓN A CARGO DE MARÍA DO CEO
O domingo 14 de abril, iniciarase a xornada festiva co lanzamento de 25 bombas de palenque, unha en representación de cada colleiteiro da Feira. A charanga NBA e os pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Música de Sober encherán de animación o ambiente na carpa da Praza do Concello.
A partir das once e media, comezará a cata oficial dos viños, e á mesma hora, celebrarase a misa solemne coa Bendición de Ramos, na igrexa de Sober. A recepción das autoridades e a música da Banda de Sober darán paso á lectura do pregón da XXXIX Feira do Viño de Amandi pola intérprete de fados María do Ceo.
Xa na tarde do domingo, animarán o fin de festa a charanga NBA e a orquestra Los Satélites.•

A visita da Caravana do Amandi ao Saviñao, Concello ao que se adica a Feira este ano, tivo lugar o 8 de abril. GPCS
Á presentación da Caravana do Amandi en Sober, o 28 de marzo, asistiron veciños e escolares do colexio público. GPCS

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa Aprol Rural da Xunta permitirá contratar a 120 parados en 61 concellos lucenses

Seguinte Nova

O Concello asfalta seis rúas na zona do Hospital, A Veiguiña e San Lázaro – A Pinguela

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: