
A produtora monfortina Amanita Studio escolleu a cidade do Cabe para iniciar a rolda de proxección do seu longametraxe documental “Idénticas”, galardoado na recente edición dos premios Mestre Mateo. A estrea será o venres 5 de abril, ás 20,30 horas, nos Multicines Hollywood, cunha intervención previa do produtor, Iván Patiño, e o director, o noiense Luis Avilés Baquero, que compartirán co público as claves desta peza documental, a nivel artístico e tamén de compromiso social. A metade do recadado na taquilla destinarase á ASGPOH, a asociación que impulsa a investigación sobre a heteroplasia ósea progresiva, doenza que sofren as dúas protagonistas do filme.•