O taekwondo monfortino acadou un novo fito en competición, desta volta a nivel europeo. Deportistas do sur de Lugo lograron 4 podios no Campionato de Europa de Taekwondo en técnica e freestyle por seleccións nacionais, disputado na localidade turca de Antalya a comezos de abril.
Na modalidade de parella, o monfortino Alejandro Fernández Franjo, que compite no Escola Lucense, acadou a medalla de ouro xunto a Carolina Escolar, de Madrid, na categoría cadete. Pola súa banda, o taboadés Daniel Areán e a monfortina Laura Álvarez, do Neka, lograron o bronce na mesma categoría.
En individual, Areán sumou outro éxito, ao facerse coa medalla de bronce do europeo. Así mesmo, Álex Camba, tamén do Neka, acadou un bronce individual ao eliminar aos competidores de Serbia, Polonia e Francia, e caer diante do competidor holandés, finalmente gañador do ouro.
En quinteto freestyle, a formación integrada por Marco García, Karla Novo, Ana López, Laura Álvarez e Daniel Areán, todos do Neka, rematou en sétima posición da proba europea. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
O pasado 28 de xullo, Monforte de Lemos acolleu a terceira proba da Copa Galicia de
Coa ilusión por facer unha tempada mellor ca pasada, menos sufrida, e con poucas caras novas
Vén de rematar a 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta
O sábado 7 de setembro, a Pobra do Brollón acollerá a terceira edición do Trail e
O pasado 28 de xullo celebrouse o Torneo Concello de Sarria Individual de Golf, que pechou