Un total de 24 voluntarios de Protección Civil das agrupacións do Saviñao e Chantada participaron, o 30 de marzo, nun curso sobre o uso de desfibriladores, organizado pola Xunta. O obxectivo desta iniciativa é capacitar aos voluntarios para a utilización e manexo dos dispositivos de desfibrilación semiautomática externa (DESA). Esta técnica busca «aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, logrando un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas», segundo explicaron os responsables da Xunta.
DOUS CURSOS EN CHANTADA EN ABRIL E MAIO
O curso de Escairón é a segunda das accións formativas que está a desenvolver a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), dependente da Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia. Esta quenda iniciouse a mediados de marzo en Mondoñedo, e continuou a comezos de abril cun curso en Ribeira de Piquín. O 10 ao 14 de abril, está en marcha en Chantada un curso básico de Protección Civil. As dúas localidades acollerán outro curso sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, que na vila do Asma se celebrará do 15 ao 19 de maio. •