O Goberno local está a desenvolver unha nova quenda de asfaltados, que buscan mellorar o acceso e a estética de tres barrios de Monforte. Segundo precisou o alcalde, José Tomé, para o arranxo da media ducia de rúas que está en marcha na zona do Hospital, A Veiguiña e San Lázaro- A Pinguela, o Consistorio destina preto de 115.000 euros.
DEREITO DOS VECIÑOS ÁS MELLORAS
O rexedor local salientou o seu compromiso de realizar obras «en zonas que levaban moito tempo sen que se fixera nelas actuación ningunha», xa que «os veciños destas zonas tamén teñen dereito a desfrutar destas melloras».
O proxecto municipal inclúe a rúa Abeledos, os dous primeiros tramos da rúa Corredoira, a Veiguiña co tramo inicial da rúa Santiago, e a rúa Ferrol, ademais de San Lázaro e o acceso ás vivendas da Pinguela.•