
A agricultura ecolóxica e o seu papel como motor do rural galego a través do seu Consello Regulador foron recoñecidos na edición número 19 do Premio ARESA. O presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, recolleu este galardón no acto celebrado no Campus de Lugo o 29 de marzo.
No evento, José Manuel Silva, membro do xurado, destacou o mérito do CRAEGA «por facer que a agricultura ecolóxica sexa un dos motores do desenvolvemento rural», ademais de ser unha das «causas principais para a maior implantación de mozos no mundo rural e agrario». •