Quiroga será a sede da final feminina do Campionato Galego cadete de Voleibol

As xogadoras do CV Ribeira Sacra Carolina Camino e Nerea Fontal participarán na final de Quiroga o 12 de maio. Nerea forma parte da selección galega, e Carolina está integrada na disciplina da Concentración Permanente da Federación Española de Voleibol. (Foto cedida).

Quiroga converterase na capital do voleibol de Galicia, con dous importantes eventos autonómicos. A Federación escolleu Quiroga como sede da fase final do Campionato Galego cadete feminino, que terá lugar o 12 de maio. O anfitrión da proba será o CV Ribeira Sacra, que se enfrontará na primeira semifinal ao Zalaeta coruñés. Dende o club monfortino agradeceron á Concellería de Deportes de Quiroga «a axuda e a aposta que fai polo noso deporte».

A xogadora do CV Ribeira Sacra, María Lamelas, está convocada pola selección galega de voleibol. (Foto cedida).

CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA
Ademais, Quiroga vai acoller en Semana Santa a concentración das seleccións galegas infantil e cadete. As formacións masculinas traballarán en Quiroga do 15 ao 17 de abril, e os equipos femininos darán continuidade ás concentracións entre os días 18 e 20. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os catamaráns da Deputación xa teñen case 8.000 reservas ata final de ano

Seguinte Nova

Estrea en Monforte do documental de Amanita Studio premiado nos Mestre Mateo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: