Público de todas as idades desfrutou da viaxe no tempo recreada na XVII Feira Medieval de Monforte de Lemos

A Ribeira Sacra vén de pechar unha Semana Santa con récord de ocupación. Dende o Consorcio de Turismo destacaron que esta foi a mellor Semana Santa dende que hai datos rexistrados, cunha porcentaxe de ocupación nos días centrais que chegou ao 97,30%, e que foi do 76,60% nos días previos.
IMPORTANTE SUBIDA RESPECTO AO ANO PASADO
En comparación co ano pasado, a subida é moi significativa, xa que en 2018 a ocupación nos días centrais acadou o 83%, e nos días previos quedouse no 56%, segundo os datos ofrecidos polo Consorcio.
Dende este mesmo organismo salientaron que “se cumpriron e, incluso, se superaron” as expectativas de visitantes en case todas as categorías de establecementos, agás nos hoteis de 3 a 4 estrelas durante os días previos aos festivos, cun 8% menos de ocupación da que estaba prevista unha semana antes do periodo vacacional.
A porcentaxe máis alta de ocupación rexistrouse nos hoteis de 3 e 4 estrelas durante os días centrais, cun 99,5%, fronte ao 86,61% de 2018. •









