A Xunta apoiará a oito concellos lucenses para garantir a protección de 17 parroquias fronte os incendios forestais

•Oito parroquias de Sober, O Incio e Ribas de Sil beneficiaranse desta iniciativa

O 16 de abril, o conselleiro do Medio Rural celebrou unha reunión informativa cos alcaldes da provincia de Lugo sobre as novas medidas antiincendios. GPXG

A protección das aldeas fronte aos incendios forestais reforzarase grazas aos novos acordos establecidos pola Xunta e os concellos. Deste xeito, os municipios terán máis facilidades para xestionar a limpeza de franxas próximas ás aldeas, co fin de garantir a seguridade da poboación.

SIMPLIFICAR AS NOTIFICACIÓNS AOS TITULARES DAS PARCELAS
O convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Fegamp e a empresa pública Seaga vén de incorporar unha addenda referida á xestión da biomasa nas denominadas faixas secundarias, que son as franxas forestais ou vexetais que están situadas preto de núcleos de poboación.
O titular do Medio Rural, José González, explicou os detalles desta medida nun encontro informativo en Lugo cos alcaldes e responsables municipais dos concellos desta provincia. González precisou que se vai poñer en marcha un sistema público para resolver a xestión destas parcelas. A Xunta dará apoio administrativo e con ferramentas informáticas aos concellos adheridos, para que poidan elaborar os seus propios plans de defensa antiincendios. Tamén se vai simplificar o sistema de notificacións dos concellos aos particulares que sexan propietarios das franxas en cuestión.

PAGO AOS PROPIETARIOS CON CONTRATO DE XESTIÓN
Neste sentido, as novas medidas da Xunta permitirán que a empresa pública Seaga asuma a xestión da biomasa daquelas faixas que se atopen nun concello adherido, o seu propietario sexa coñecido e estea incorporado ao sistema público por un contrato de xestión. En virtude deste acordo, Seaga pagará ao titular da franxa unha tarifa uniforme de 350 euros por hectárea.
A Consellería actuará en 700 aldeas de 68 parroquias de Galicia ata 2022, priorizando as de maior risco de incendios. •

•Oito parroquias de Sober, O Incio e Ribas de Sil beneficiaranse desta iniciativa

A nova medida inclúe varias parroquias de Sober, O Incio e Ribas de Sil.
No programa da Xunta, actuarase nas parroquias soberinas de Santo Estevo de Anllo e San Martiño de Doade, mentres que no Incio a protección abranguerá ás parroquias de San Mamede de Vilasouto, Santa María de Foilebar, e Santiago de Toldaos. En Ribas de Sil, sumaranse as parroquias de San Clodio, San Martiño de Peites e Santa Lucía de Rairos.
A medida da Xunta integra tamén 4 parroquias do municipio de Lugo, dúas de Xermade, e unha en Ribadeo, Pedrafita do Cebreiro e A Pastoriza. •

• Adxudicadas melloras en cortalumes e pistas forestais de 50 montes en 14 concellos da provincia

A maiores destas medidas, a Xunta continúa coa súa política forestal a través de accións concretas de conservación dos montes e prevención de lumes. Nesta liña, o Executivo autonómico adxudicou, por un importe global de 237.400 euros, diversas actuacións de mellora en cortalumes e pistas forestais integradas en medio cento de montes de 14 municipios lucenses.

CASE TODOS SON MONTES COMUNAIS CONVENIADOS
Segundo precisou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, as accións executaranse en montes de titularidade privada, case todos vinculados a comunidades, que teñen asinado o correspondente convenio de xestión coa Consellería do Medio Rural. Balseiro explicou tamén que os traballos están programados polo servizo provincial de Montes.
ZONA SUR
Na comarca quiroguesa, a Xunta desenvolverá traballos deste tipo en oito montes de Folgoso do Courel, outros tanto de Quiroga e sete de Ribas de Sil. Pola súa banda, na comarca de Lemos, actuarase en catro montes situados no municipio de Bóveda, tres da Pobra do Brollón, un no concello de Pantón e outro no de Monforte de Lemos. Balseiro precisou que, na comarca de Chantada, a Xunta ten previsto construír un cortalumes no monte Costa de San Cristovo, no municipio de Taboada.
Balseiro destacou que a zona sur captou case o 54% do importe global destinado á provincia, chegando ata os 127.600 euros para actuacións en 33 montes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta impulsa a contratación en 29 concellos lucenses de 114 parados da Risga

Seguinte Nova

«Adegas na Memoria» recolle nunha serie documental a intrahistoria da Pobra do Brollón a través da paisaxe e das súas xentes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss