Un total de 29 concellos da provincia de Lugo disporán de 1,3 millóns de euros para contratar a 114 desempregados perceptores da Risga. Os detalles das achegas da Xunta para este fin explicounos o delegado territorial, José Manuel Balseiro, a mediados de abril.
DOUS MESES MÁIS DE CONTRATO QUE O ANO PASADO
Desta volta, a contratación pasa de 7 a 9 meses, medida que axudará «a favorecer a inserción laboral destas persoas, evitando así que se cronifique a súa situación de exclusión». Os traballos que van realizar os beneficiarios destes contratos engloban dende tarefas forestais ou de servizos, ata labores de limpeza ou xardinería, ademais de incluír perfís de capataces ou auxiliares de biblioteca, entre outros.
Na zona sur da provincia, o concello de Monforte recibirá case 310.00 euros para contratar a 20 desempregados. No Saviñao, incorporaranse 5 novos traballadores. Pola súa banda, Sober, Pantón, e A Pobra do Brollón contarán con dous peóns da Risga cada un. Así mesmo, Carballedo e Ribas de Sil disporán de cadanseu traballador.•