A Xunta ofrece aos maiores lucenses 366 prazas para desfrutar dun lecer saudable en catro balnearios da provincia

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou os detalles dos programas de lecer saudable e talasoterapia na súa visita ao Hotel Balneario de Lugo, a mediados de abril. GPXG

Os programas «Benestar en Balnearios» e «Benestar a través da Talasoterapia» son dúas iniciativas postas en marcha pola Xunta para que os maiores de 65 e os pensionistas con máis de 55 anos de idade desfruten dun lecer saudable.

AUGAS SANTAS, LUGO, PALAS E VIVEIRO
Na provincia de Lugo, hai dispoñibles un total de 366 prazas nos balnearios Termas de Lugo, Augas Santas de Pantón e Río Pambre en Palas de Rei, ademais do Thalasso Cantábrico en Viveiro.


ESTADÍAS DE 10 E 6 DÍAS SEGUNDO O PROGRAMA
A iniciativa «Benestar en Balnearios» desenvolverase dende maio a outubro, con estadías de 10 días e 9 noites. Na opción de talasoterapia, o programa esténdese dende maio ata novembro, con quendas de 6 días e 5 noites. A Xunta subvenciona un terzo do custe de cada praza.

INSCRICIÓNS ATA O 2 DE MAIO
O prazo de inscrición remata o 2 de maio. As solicitudes poden presentarse telematicamente, na sede electrónica da Xunta, ou en persoa nos correspondentes Rexistros.

OBXECTIVOS
Segundo informaron dende a Delegación da Xunta en Lugo, os programas ofrecen en Galicia 1.062 prazas, das que 362 son en talasos, e as outras 700 en balnearios. Os catro piares destes programas son «mellorar a calidade de vida dos maiores, fomentar actitudes positivas cara ao coidado da saúde e a promoción da autonomía persoal, favorecer as relacións sociais, e apostar por un sector de actividade no que Galicia é punteira».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Recepción no Concello de Monforte ao atleta Jairo Salgueiro Montero, campión de España de Promesas Paralímpicas

Seguinte Nova

A Deputación xa dispón das parcelas para os centros de maiores de Folgoso, A Pobra do Brollón e Portomarín

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss