Acordo entre a Xunta e o Concello de Quiroga para remodelar o campo de San Martiño o vindeiro ano

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, na reunión mantida a mediados de abril en Santiago. (Foto: Telequiroga)

O campo de fútbol de Quiroga lucirá un novo aspecto, logo do acordo suscrito a mediados deste mes entre a Xunta e o Concello. A remodelación do campo de San Martiño suporá un impulso máis na promoción deste deporte no municipio, coincidindo coa consecución, por parte do Quiroga FC, do ascenso a Segunda Autonómica.

ARRANXO DA SUPERFICIE DE XOGO, NOVA ZONA DE HERBA ARTIFICIAL, E MELLORAS NOS VESTIARIOS
O acordo para acometer estas obras anunciouse logo da xuntanza mantida en Santiago polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
Os traballos de reforma da instalación, que se realizarán en 2020, inclúen o arranxo da superficie de xogo, de herba natural, e a cubrición con herba artificial do espazo de terra entre os vestiarios, para empregala como zona de adestramento. Tamén se van acondicionar os actuais vestiarios, construídos en 2005.
Dende o Concello precisaron a necesidade de acometer arranxos nun espazo deportivo que leva case dez anos sen melloras. As últimas corresponderon ao arranxo das bancadas e ao asfaltado do aparcadoiro. Aparte do mantemento habitual que se vén facendo no conxunto das instalacións, o céspede non tivo melloras importantes dende finais dos anos 90. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Campelas do Saviñao, segundo no IV Torneo Internacional Cidade de Vigo de patinaxe artística

Seguinte Nova

Etnografía e calidade para celebrar a 19ª Mostra do Aceite de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: