
O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha o proxecto Adegas na Memoria, unha iniciativa que se define como «etnoarqueolóxica», xa que «afonda na vida cotiá das xentes da parroquia vitícola de Vilachá», ao tempo que se ocupa do «estudo científico sobre o territorio e as súas orixes». O proxecto está promovido polo Concello e pola Asociación de Veciños de Vilachá, coa participación do Incipit-CSIC, e coordinado polo dinamizador turístico do Concello da Pobra, Xosé Gago.
Unha parte deste proxecto ten que ver co audiovisual. O 3 de abril arrancou o primeiro episodio da serie documental «Adegas na Memoria», organizada en catro tempadas. Baixo a denominación «A Humanidade como Patrimonio», a primeira tempada está baseada nas testemuñas das xentes sobre a evolución da vida nos diferentes puntos desta contorna.
Os capítulos desta serie poden visualizarse na páxina web www.adegasnamemoria.com, en https://vimeo.com/adegasdamemoria, e no Facebook @adegasdamemoria. •