A XXXVII Feira do Viño de Quiroga xuntou a numeroso público durante a fin de semana do 20 e 21 de abril. O evento contou cunha importante presenza de mocidade, que animou o ambiente festivo durante a tarde do sábado, á espera da aparición do pregoeiro deste ano, Pablo Chiaparella, actor de gran popularidade polo seu papel de Amador na serie de televisión «La Que Se Avecina». Chiaparella cumpriu con creces as expectativas, meténdose ao público no peto coa súa simpatía.
En torno á Feira do Viño de Quiroga houbo gastronomía, durante o Concurso de Tapas, e tamén cita co deporte, coa tradicional Carreira Popular, a única de España e de Galicia que se celebra na tarde do Venres Santo. Ademais, entregáronse os premios dos diferentes certames que convocou o Concello de Quiroga no primeiro trimestre do ano.