
A patinaxe artística do Saviñao vén de acadar un éxito en proba internacional. O Club Campelas acadou o segundo posto no IV Torneo Internacional Cidade de Vigo, que se disputou no pavillón de As Travesas do 13 ao 14 de abril. O equipo de Escairón competiu nunha modalidade integrada por 22 grupos. Esta proba, unha das mellores que se poden ver en Galicia, segundo a Federación Galega, reuniu a 70 grupos de 46 clubs de toda España