Pantón celebrou os dez primeiros anos do centro de día

•O servizo atende a máis dunha vintena de maiores do concello e da súa contorna

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, actuou de anfitrión na visita do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, con motivo da celebración do décimo aniversario do Centro de Día, o 12 de abril. GPXG

O Centro de Día de Pantón cumpriu dez anos, e celebrouno cun acto festivo o 12 de abril no que houbo música, cultura e premios. O programa do evento, ao que asistiu o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, incluíu unha actuación do coro dos usuarios do Centro, ademais da proxección dun vídeo conmemorativo desta primeira década. A xornada rematou coa entrega das medallas das Olimpiadas Interxeracionais.
O Centro de Día de Pantón dispón de 40 prazas, e na actualidade atende a 21 maiores, cunha plantilla de 21 profesionais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As Montañas do Courel xa son oficialmente Xeoparque Mundial da Unesco

Seguinte Nova

En marcha 39 novos postos de traballo no programa provincial Tecendo Emprego

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
A %d blogueros les gusta esto: