•O servizo atende a máis dunha vintena de maiores do concello e da súa contorna

O Centro de Día de Pantón cumpriu dez anos, e celebrouno cun acto festivo o 12 de abril no que houbo música, cultura e premios. O programa do evento, ao que asistiu o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, incluíu unha actuación do coro dos usuarios do Centro, ademais da proxección dun vídeo conmemorativo desta primeira década. A xornada rematou coa entrega das medallas das Olimpiadas Interxeracionais.
O Centro de Día de Pantón dispón de 40 prazas, e na actualidade atende a 21 maiores, cunha plantilla de 21 profesionais. •