Patrimonio, tradicións e sabor con música e animación na 28º Feira do Viño de Vilachá

Na fin de semana do 4 e 5 de maio, as centenarias adegas da Pobra do Brollón serán a capital festiva dos viños da Ribeira Sacra

O conxunto arquitectónico das adegas de Vilachá é un marco excepcional para desfrutar dunha xornada de viño e cultura local, aproveitando a celebración da súa Feira anual. (Fotos: Arquivo EC)

Na Pobra do Brollón está todo listo para celebrar, na primeira fin de semana de maio, a edición número 28 da Feira do Viño de Vilachá. Esta parroquia acollerá, os días 4 e 5 de maio, un dos eventos enolóxicos máis singulares da Ribeira Sacra.

ARQUITECTURA SINGULAR
O conxunto patrimonial que integran as súas adegas centenarias fan desta Feira un dos fitos indispensables para afondar na cultura popular vinculada ao viño. O deseño funcional destas adegas centenarias, así como o emprego de materiais da contorna, tiveron como única finalidade a óptima conservación dos viños, o que as converte en elementos de gran valor na etnografía destas terras vinícolas.

SERVIZO DE AUTOCAR OS DOUS DÍAS DENDE MONFORTE E A POBRA
O viño e a festa están intimamente unidos, polo que o programa da Feira de Vilachá 2019 ofrece un amplo abano de iniciativas para desfrutar da fin de semana. A programación arrancará cerca do mediodía do sábado 4 de maio, coa apertura das adegas e dos postos de comida. Xa pola tarde, a partir das seis, o entorno da Feira animarase con pasarrúas a cargo de varias agrupacións de Cantos de Taberna: Os Somontanos, Skachacunchas, Os Parrandas, As Macizas Centrais, Os Tabernícolas, Son do Mao, Sómosche D´Herbas e As Recuncadas. Ás nove, será a quenda da gran chourizada, para repoñer forzas cara á festa da noite, co grupo musical Brassica Rapa.
O servizo de autocares sairá da Praza da Compañía de Monforte e de diante do Concello da Pobra ás 18,00 horas, e regresará ás 03,00 horas.

PREGÓN DA ESCRITORA OLGA NOVO
A xornada do domingo 5 de maio comezará cunha alborada do Grupo de Gaitas da Escola Municipal de Música da Pobra ás 12, para continuar cos pasarrúas dos grupos de Cantos de Taberna Os Corenta e Chinco, Os Amigos do Caldeiro e As Searas. Xa á unha da tarde, terá lugar a lectura do pregón, a cargo da escritora Olga Novo. A festa rematará coa actuación, dende as tres da tarde, da charanga Terras do Bibei.
Os autocares do domingo sairán de Monforte e A Pobra ás 12,00, con regreso ás 21,00 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación xa dispón das parcelas para os centros de maiores de Folgoso, A Pobra do Brollón e Portomarín

Seguinte Nova

As Montañas do Courel xa son oficialmente Xeoparque Mundial da Unesco

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: