•Máis de 1.100 persoas pasaron pola Oficina de Turismo e o Museo do Viño •A maioría dos visitantes nacionais viñan de Madrid, Asturias e A Coruña

Monforte rexistrou un incremento de visitantes durante a Semana Santa, con especial incidencia na fin de semana de Pascua, coincidindo coa XVII Feira Medieval. Ademais de sentirse esta afluencia nas rúas, os datos oficiais constataron dita percepción. Un total de 1.107 persoas pasaron pola Oficina de Turismo e o Museo do Viño de Monforte durante este periodo vacacional, o que supón un 55% máis de visitantes que na Semana Santa de 2018.
Os picos de maior afluencia na Oficina de Turismo producíronse entre o venres 18, con 223 visitantes, e o sábado 20 de abril, con 168. No Museo do Viño, houbo máis xente nos días previos á Pascua, con case 100 visitantes.
En canto aos turistas internacionais, predominaron os chegados do Reino Unido, Portugal e países de América Latina. •