
Máis de trinta estudantes e profesoras do IES Xograr Afonso participaron no curso de defensa persoal feminina, que o instituto organizou nas súas instalacións o 23 de abril. Á fronte da actividade estivo Alberto Rincón, cinturón negro 3º Dan e membro do Club de Defensa Personal Policial (DEPERPOL) de Sarria. As participantes aprenderon de xeito prático técnicas de defensa, como soltas de agarre ou reaccións ante inmobilizacións. Tamén recibiron instruccións para empregar de xeito defensivo obxectos cotiás como paraugas, bolígrafos ou carpetas. •
