En marcha os cursos da Deputación para que os guías se especialicen en turismo científico certificado na zona de Ancares e Courel

O 29 de abril arrancaron as sesións formativas para guías turísticos profesionais, dentro desta iniciativa da Deputación. GPDL

A finais de abril, arrancaron os cursos que a Deputación está a ofrecer de balde para formar a guías profesionais de turismo, e poidan así dispoñer da certificación de guías Observer de turismo científico das Montañas dos Ancares e O Courel.

PARA PROFESIONAIS E EMPRESAS DE TURISMO ACTIVO DOS ANCARES E DO COUREL
No primeiro dos cursos, participaron un total de 23 persoas, tanto profesionais como representantes de empresas de turismo activo, vinculados ao territorio definido dentro do Espazo Observer.
O programa formativo incorpora contidos sobre os principios e a historia do Turismo Científico e do Ecoturismo, ademais de lexislación específica, e un panorama completo sobre os recursos naturais e culturais que caracterizan á contorna dos Ancares e do Courel. Xunto a estes contidos específicos, os participantes adquirirán estratexias para deseñar actividades, desenvolver dinámicas de grupo, atención ao público e técnicas interpretativas.
A idea é capacitar a estas persoas para poder guiar a grupos e explicar os recursos deste territorio dende unha óptica vinculada a especialidades científicas como a botánica, a xeoloxía ou a zooloxía, por exemplo.
As Montañas dos Ancares e do Courel veñen de acadar hai pouco a categoría de Espazo Observer de Turismo Científico, que avala a zona como reserva científica, grazas a un proxecto impulsado pola Deputación de Lugo en agosto de 2018. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exaltación enolóxica, música e Festa da Empanada no programa da XXVI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Seguinte Nova

Os concertos de Carlos Baute, Chenoa, DVICIO, Blas Cantó e Señor Aliaga animarán as Festas Patronais de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: